construindo contigo
proxectos ideas ilusións
Analizamos xuntos as características e necesidades do teu proxecto. Poñemos toda a nosa experiencia
ao servizo do teu evento para garantir o seu éxito.
ao servizo do teu evento para garantir o seu éxito.
COORDINAMOS
Apaixónanos xestionar todo tipo de equipos, medios e recursos. A coordinación de cada proxecto é un reto que nos encanta afrontar.
PRODUCIMOS
Sexa cal for a fase do proxecto ou evento poderemos achegar ao teu equipo o persoal ou os medios necesarios para desenvolver a produción.
ASESORAMOS
Poñemos a nosa ampla experiencia ao dispor dos nosos clientes para achegar opcións e buscar a solución máis adecuada en cada momento.
Algúns dos nosos traballos
Unha mostra dos proxectos, marcas, festivais, eventos e accións nas que participamos
- VOLVEMOS Á RÚA
- CAMIÑO ESCENA NORTE
- O SON DO CAMIÑO
{"grid":3}






{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
VOLVEMOS Á RÚA
O Concello de Tui dentro da súa programación cultural este verán apostou por un programa cultural en distintas localizacións. Volvemos á rúa! foi un programa deseñado con distintos eventos durante varias semanas do verán, onde destacaron os concertos de música, espectáculos de circo, así como o cinema ao aire libre. Coordinamos a montaxe nas distintas localizacións, xestión de reserva de entradas para seguir todas as indicacións do protocolo COVID-19 deseñado para espectáculos.



{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
CAMIÑO ESCENA NORTE
Crear unha rede de programación e intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, País Vasco e Cantabria; ese foi o xerme deste proxecto nado no 2019 da man de Escena Galega e as asociacións análogas nas outras comunidades participantes. Un circuíto de actuacións en espazos convencionais pero tamén en espazos ao aire libre e enclaves monumentais que permite descubrir o traballo de compañías veciñas e á vez espazos habilitados de maneira específica para a representación teatral. Todo iso co fío condutor do Camiño Norte como guía. Unha produción interesante e enriquecedora que é un pracer coordinar.
Learn More



{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
O SON DO CAMIÑO
O Son do Camiño é un enorme festival de música de tres días que se celebra cada verán en Santiago de Compostela no Monte do Gozo, lugar emblemático de grandes concertos. O festival acolle un cartel de grandes estrelas internacionais da música rock, indie, pop, EDM, hip- hop, reggaeton e máis, así que non sorprende que as primeiras dúas edicións esgotasen todas as entradas aos poucos minutos de poñerse á venda. CUNDE traballa desde a súa primeira edición, ofrecendo servizos na sección de infraestruturas.
Learn More
+
0
Escenarios
+
0
Clientes
+
0
Festivais
+
0
Artistas
Artistas do equipo CUNDE
Entrevistas, xiras, concertos, proxectos de produción especial… ¡Contáctanos!
¡PODEMOS AXUDARTE!
Consúltanos as túas necesidades
Estaremos encantados de participar no teu proxecto, axudarche a desenvolvelo ou poñer á túa disposición calquera servizo que necesites para levalo a cabo.