Saltar al contenido

981 563 764   cunde@cunde.gal

Facebook-square
Envelope
Instagram
  • Galego
  • Castellano
CUNDE.gal
  • Inicio
  • Coñécenos
  • O que facemos
  • Traballos
  • Artistas
  • Contáctanos

construindo contigo

proxectos ideas ilusións

Analizamos xuntos as características e necesidades do teu proxecto. Poñemos toda a nosa experiencia
ao servizo do teu evento para garantir o seu éxito.
máis información

COORDINAMOS

Apaixónanos xestionar todo tipo de equipos, medios e recursos. A coordinación de cada proxecto é un reto que nos encanta afrontar.

PRODUCIMOS

Sexa cal for a fase do proxecto ou evento poderemos achegar ao teu equipo o persoal ou os medios necesarios para desenvolver a produción.

ASESORAMOS

Poñemos a nosa ampla experiencia ao dispor dos nosos clientes para achegar opcións e buscar a solución máis adecuada en cada momento.

Algúns dos nosos traballos

Unha mostra dos proxectos, marcas, festivais, eventos e accións nas que participamos

  • WOMEX
  • S8 MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO
  • NOROESTE ESTRELLA GALICIA
  • {"grid":3}
WOMEX (2)
WOMEX (3)
WOMEX (4)
WOMEX (5)
WOMEX (6)
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
WOMEX
Womex é sen dúbida o máis importante encontro da industria musical a nivel internacional e o maior evento da escena global musical arroupada por feira, charlas, programación de cinema e sesión de showcases. Creada en 1994 en Berlin por Piranha Arts, o seu carácter de encontro itinerante (cada ano unha cidade europea é seleccionada para albergar o evento) tróuxoa a España en varias ocasións. Desde o 2014 os promotores das edicións españolas (Santiago de Compostela 2016 e 2016 e As palmas de Gran Canaria 2018) confiaron en CUNDE para levar a cabo a coordinación xeral dun evento multidisciplinar cuxo equipo de produción local chega a números de 250 profesionais involucrados. 7 escenarios, preto de 700 compañías expositoras, máis de 100 conferenciantes, películas, concerto de apertura e cerimonia de clausura de entrega de premios. Todo iso ao longo de 5 concentradas xornadas de networking en horario diúrno e nocturno.
Ver Máis
4 MOSTRA DE CINEMA PERIFERICO S8
1 MOSTRA DE CINEMA PERIFERICO S8
2 MOSTRA DE CINEMA PERIFERICO S8
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
S8 MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO
(S8) Mostra de Cinema Periférico é un evento cinematográfico internacional único na península que reúne as novas tendencias cinematográficas que hoxe en día son vangarda, con especial atención ao cinema expandido en todas as súas vertentes. Punto de encontro para creadores, público, profesionais e estudantes das artes audiovisuais. O evento desenvólvese en distintos espazos da cidade: Fundación Abanca, Domus, Fundación Luís Seoane e CGAI.
Ver Máis
NOROESTE ESTRELLA GALICIA (1)
NOROESTE ESTRELLA GALICIA (3)
NOROESTE ESTRELLA GALICIA (4)
NOROESTE ESTRELLA GALICIA (8)
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
NOROESTE ESTRELLA GALICIA
A día de hoxe podemos dicir que se trata dun dos festivais de maior calado, extensión e diversidade, do panorama galego. Os números da última edición? 6 días, 13 escenarios diferentes, máis  de 75 bandas, 150 horas de música, todo un desafío. Desde o 2017, ano no que coordinamos integramente a produción artística e técnica do festival poñendo ao dispor do mesmo un equipo de 12 produtores especializados, seguimos en contacto novamente con diversas colaboracións na produción artística de diversas bandas participantes en 2018 e, de novo en 2019 volvemos á coordinación xunto ao equipo técnico de CEGA PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS.
Ver Máis
VER MÁIS
+ 0
Escenarios
+ 0
Clientes
+ 0
Festivais
+ 0
Artistas

Artistas do equipo CUNDE

Entrevistas, xiras, concertos, proxectos de produción especial… ¡Contáctanos!

Dios Ke Te Crew

Cunde realiza a distribución en exclusiva para Galicia e a península do grupo de Ordes, ademais de todos os traballos de coordinación en xira.
VER MÁIS

Cristina Pato

O 2012 foi o inicio da nosa colaboración laboral con Cristina Pato, por aquel entón centrada en desenvolver e mostrar o seu labor de educadora.
VER MÁIS

¡PODEMOS AXUDARTE!

Consúltanos as túas necesidades

Estaremos encantados de participar no teu proxecto, axudarche a desenvolvelo ou poñer á túa disposición calquera servizo que necesites para levalo a cabo.

CONTACTO

Colaboramos en, con e para:

© Cunde Sociedade Cooperativa Galega – Aviso Legal – Política de cookies– Implementado por GNOMIO Soluciones Web