Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

SonRías Baixas

3 Agosto, 2019

Boa música, gastronomía e praia. Esta é a infalible carta de presentación do SonRías Baixas, un festival que nos seus 16 anos de vida se ten convertido en toda unha referencia do verán en Galicia e no resto da península. A primeira fin de semana de agosto, a boa música, o audiovisual, o humor e a mellor gastronomía galega cítanse en Bueu, no corazón das Rías Baixas.
O SonRías Baixas é “o festival dos máis festivaleiros”. A música é a súa gran protagonista e, por iso, o festival ofrece unha programación fresca e orixinal que combina artistas consagrados do panorama nacional e internacional con formacións novísimas que a organización descobre cada ano para a súa parroquia “festivaleira”. A única consigna é facer vibrar ao público con concertos potentes, divertidos, combativos…. inolvidables.
Pero o Destino SonRías é moito máis. O festival está feito por xente que sinte paixón pola música, pero tamén pola gastronomía, polo humor e polo audiovisual. Todos estes elementos teñen o seu espazo no festival, que ademais ten lugar nunha contorna paradisíaca, con impresionantes praias –algunhas a apenas cen metros do recinto e a zona de acampada– e espectaculares espazos naturais como o cabo Udra ou a illa de Ons a tiro de pedra en transporte marítimo.
E, para quen precise descansar, o recinto do SonRías Baixas atópase no medio da vila de Bueu, o que resulta moi cómodo e accesible. A zona de acampada ten duchas e aseos, servizo de restauración e alimentos de primeira necesidade e zona de carga de teléfonos móbiles e está a un paso a pé da praia urbana da localidade.
Pon Rumbo ao SonRías Baixas. Os días 1, 2 e 3 de agosto de 2019 tes unha cita en Bueu coa mellor experiencia festivaleira do verán.

Detalles

Data:
3 Agosto, 2019