SES – READMIRANDO A CONDICIÓN

15,00

«Readmirando a condición» é o quinto traballo de SES no que a cantora coruñesa volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011. Este novo CD inclúe ademais un tema inédito -e homónimo- que xa podedes escoitar neste videoclip en Youtube.

Category:

Description

‘Readmirando a condición’, é o quinto traballo de SES no que a cantora volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011 e  inclúe ademais un tema inédito.

 ‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.