Explora el trabajo de CUNDE a través de una selección de eventos culturales que hemos diseñado, gestionado y producido con pasión y dedicación.
A través do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago encargóusenos a concepción, deseño e celebración da Gala de Entrega da XXI edición dos Premios Manuel Beiras Da man de Lucía Aldao e María Lado, cunha coidada posta en escena, celebramos a entrega no Teatro Principal o 21 de Decembro de 2020.
O Concello de Tui dentro da súa programación cultural este verán apostou por un programa cultural en distintas localizacións. Volvemos á rúa! foi un programa deseñado con distintos eventos durante varias semanas do verán, onde destacaron os concertos de música, espectáculos de circo, así como o cinema ao aire libre. Coordinamos a montaxe nas distintas localizacións, xestión de reserva de entradas para seguir todas as indicacións do protocolo COVID-19 deseñado para espectáculos.
Na súa terceira edición o Festival Vilablues celebrouse no Concello de Noia. Coordinamos a produción dunha montaxe e concepción do aforo do espazo adaptado con extremo coidado aos protocolos de seguridade vixentes; disposición e venda de entradas agrupadas en mesas de persoas conviventes con servizo de bebidas en mesa que fixeron dos tres días de festival unha mostra máis das posibilidades dunha CULTURA SEGURA.
CAMIÑOS SONOROS foi un proxecto no que música e patrimonio da man de mozos músicos dos conservatorios de Galicia percorrían enclaves únicos da Vía da Prata. Un extenso programa que tivo lugar desde Maio a Julio de 2019 e que se completou cunha xornada formativa e un concerto de man de Abe Rábade, Susana Seivane e Víctor Prieto como embaixadores do evento.
Unha das infraestruturas culturais máis representativas de Santiago de Compostela, o Auditorio de Galicia, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos cumpriu o pasado 20 de Outubro de 2019 o 30 aniversario da súa apertura.
O organismo autónomo encargounos o apoio no deseño, organización e produción dunha xornada de portas abertas con contidos e formatos para todos os públicos na que poñer en valor o espazo cultural en se mesmo e a súa relación coa cidadanía a través de todos os seus anos de servizo.
O proxecto SON ESTRELLA GALICIA leva 9 anos en marcha coa clara intención de trasladar os valores e filosofía da marca ao territorio da música creando experiencias inesquecibles, que mesturen boa música e boa cervexa. Programou máis de 1.000 concertos aos que asistiron máis de 350.000 persoas. Os seus concertos pasaron por máis de 70 festivais e 30 salas en 20 cidades
Desde CUNDE encargámonos da coordinación e a montaxe da imaxe e infraestruturas en festivais e eventos de referencia de medio e gran formato nos que ESTRELLA GALICIA está presente (Resurrection Fest, Pantin Classic) entre outros moitos.
Os Premios Feroz son uns premios cinematográficos e televisivos españois creados por a Asociación de Informadores Cinematográficos de España con carácter anual, para recoñecer o mérito e calidade das producións cinematográficas españolas de cada anos. A intención destes galardóns é a de converterse na antesala de os Premios Goya o que levou a falar deles como os Globo de Ouro españois.
Proxecto dependente da concellería de Participación e Innovación do Concello da Coruña, dirixido a deseñar e poñer en marcha mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables para entidades e organizacións, colectivos ou persoas con interese en desenvolver proxectos de innovación social na cidade da Coruña.
Curtocircuíto Festival Internacional de Cinema, naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do Concello da cidade, coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe. Doce anos despois, Curtocircuíto é un referente no sector cinematográfico internacional e en contacto directo con outros festivais de Europa.
O programa do festival tamén inclúe talleres e concertos. As proxeccións teñen lugar no Teatro Principal e no Cinema Numax, as actividades no CGAC e os concertos na Sala Capitol e Fundación Sgae.
(S8) Mostra de Cinema Periférico é un evento cinematográfico internacional único na península que reúne as novas tendencias cinematográficas que hoxe en día son vangarda, con especial atención ao cinema expandido en todas as súas vertentes. Punto de encontro para creadores, público, profesionais e estudantes das artes audiovisuais.
O evento desenvólvese en distintos espazos da cidade: Fundación Abanca, Domus, Fundación Luís Seoane e CGAI.
Encontro anual que apoia a cultura alternativa e de vangarda, non é só música senón que tamén hai espazo para as artes visuais, cinema, artes escénicas, creatividade dixital, performances, coloquios e conferencias que se darán cita en 10 espazos emblemáticos de Santiago de Compostela: CGAC, Fundación Eugenio Granell, Fundación SGAE, Igrexa dá Universidade, Mercado de Abastos, Numax, Sala Capitol, Sala Malatesta, Salón Teatro, Teatro Principal.
Festival de Contidos Dixitais que foi o primeiro festival de webseries de España. Os seus contidos van máis aló da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades da internet como medio para a narración, o humor máis trasgresor, a non ficción, cultura dixital, o patrimonio audiovisual ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base.
Cineuropa é máis que un festival e unha mostra de todo o cinema de calidade que podemos ver cada ano en todo o mundo. Na edición 33 foron máis de 200 filmes proxectados, 3 galas de premios, o paso de preto de 20.000 espectadores, o traballo de máis dunha ducia de profesionais chegamos a un total de 336 proxeccións de cinema.
Traballamos para a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico deseñando e executando a produción do Festival Internacional de Teclado e Master Class que se celebra na Eurorrexión Tui-Valença tanto na súa edición do 2019 como na recente do 2020. Un equipo de persoal atendeu a xestión de permisos, recursos humanos, técnicos, e a coordinación global do programa do Festival. No 2020 coordinamos a adaptación e posta en marcha dos protocolos COVID necesarios para garantir formatos e xestión de recursos que garantisen a seguridade e adecuación normativa de todos os eventos.
Son diversos os servizos prestados a I-Radia Crea ao longo dos últimos anos. Ademais do máis extenso servizo de produción técnica e artística en concertos, programacións e ciclos destacamos a coordinación de produción tanto para as Festas do Marisco do Grove como para a singular proposta 17º Ribeira Sacra, un dos festivais cos enclaves máis idílicos e recónditos da zona, realmente unha experiencia para o público e un desafío para nós como produtores.
Atlantic Fest é a realidade dun proxecto que, para ofrecer os mellores servizos sitúase en enclaves incomparables; o últimos cinco anos percorreu diversos espazos da Illa de Arousa e é neste 2020 onde traslada a súa sede á Playa de la Concha en Vilagarcía de Arousa para seguir gozando da natureza e da gastronomía da zona, unha contorna máxica, idóneo para acoller un festival de música destas características, que vai dirixido a un público que busca pasar unha fin de semana inesquecible poñendo a rutina en pausa.
Un festival onde os artistas son inspirados pola súa audiencia e senten libres para plasmar ese sentimento en directo.
Atlantic Fest está creado por un equipo que se alimenta das ideas e desexos das persoas que o visitan. New Live encárgase da organización do Atlantic Fest. Unha promotora con máis de 15 anos de experiencia na organización de eventos e coa cal é un luxo e un privilexio traballar tanto neste como noutros eventos ao longo do ano.
O sector musical de Galicia, dá man dá Asociación Músicos ao Vivo celebra lestes galardóns dende ou ano 2014. Ou proceso de resolución dous premios clausúrase cunha gala que ven celebrando dende entón non Pazo dá Cultura do Concello de Pontevedra e na que traballamos na coordinación dá produción técnica desde a súa primeira edición.
A Feira de Artes Escénicas de Galicia “GALICIA ESCENA PRO” coordínase a través dun convenio de colaboración entre Escena Galega e Agadic desde 2019. É nese ano cando CUNDE empeza a traballar no deseño de produción e coordinación da man da asociación de compañías de artes escénicas da comunidade.
Unha das iniciativas de maior interese que o mellor cellista do mundo, Yo-Yo Ma, desenvolve por todo o planeta; o Day of Action recalou en Barcelona con Cristina Pato como coordinadora de contidos. Con ela tomamos as rendas dunha desas producións “express” en tempo de preparación no Conservatori do Liceu. Unha fin de semana chea de emocións e de conexións musicais e sociais con músicos locais, bandas de Jazz e entidades benéficas de ensino musical no ámbito sociocomunitario.
A poesía como arte de acción, movilizadora, transformadora, poderosa, en diálogo coas artes e co coñecemento, cos teatros, cos bares e coa rúa, coa música, coa performance, co papel impreso e coa oralidade. Atendendo á declaración da UNESCO “a poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación”. O festival Alguén que Respira, baixo a dirección de Antón Lopo celébrase ao redor do 21 de marzo, declarado Día Mundial da Poesía pola UNESCO no 1999. Un evento que conta co apoio e patrocinio principal do Concello de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Un respiro que cada ano achéganos a unha produción cargada de alma e de aire fresco no corazón de Compostela.
Enmarcada en la economía social, en CUNDE nos reunimos expertos que combinamos habilidades y experiencia en un proyecto en constante crecimiento