construindo contigo
proxectos ideas ilusións
Analizamos xuntos as características e necesidades do teu proxecto. Poñemos toda a nosa experiencia
ao servizo do teu evento para garantir o seu éxito.
ao servizo do teu evento para garantir o seu éxito.
COORDINAMOS
Apaixónanos xestionar todo tipo de equipos, medios e recursos. A coordinación de cada proxecto é un reto que nos encanta afrontar.
PRODUCIMOS
Sexa cal for a fase do proxecto ou evento poderemos achegar ao teu equipo o persoal ou os medios necesarios para desenvolver a produción.
ASESORAMOS
Poñemos a nosa ampla experiencia ao dispor dos nosos clientes para achegar opcións e buscar a solución máis adecuada en cada momento.
Algúns dos nosos traballos
Unha mostra dos proxectos, marcas, festivais, eventos e accións nas que participamos
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
WOMEX
Womex é sen dúbida o máis importante encontro da industria musical a nivel internacional e o maior evento da escena global musical arroupada por feira, charlas, programación de cinema e sesión de showcases. Creada en 1994 en Berlin por Piranha Arts, o seu carácter de encontro itinerante (cada ano unha cidade europea é seleccionada para albergar o evento) tróuxoa a España en varias ocasións. Desde o 2014 os promotores das edicións españolas (Santiago de Compostela 2016 e 2016 e As palmas de Gran Canaria 2018) confiaron en CUNDE para levar a cabo a coordinación xeral dun evento multidisciplinar cuxo equipo de produción local chega a números de 250 profesionais involucrados.
7 escenarios, preto de 700 compañías expositoras, máis de 100 conferenciantes, películas, concerto de apertura e cerimonia de clausura de entrega de premios. Todo iso ao longo de 5 concentradas xornadas de networking en horario diúrno e nocturno.
Ver Máis
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
30 ANIVERSARIO AUDITORIO DE GALICIA
Unha das infraestruturas culturais máis representativas de Santiago de Compostela, o Auditorio de Galicia, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos cumpriu o pasado 20 de Outubro de 2019 o 30 aniversario da súa apertura.
O organismo autónomo encargounos o apoio no deseño, organización e produción dunha xornada de portas abertas con contidos e formatos para todos os públicos na que poñer en valor o espazo cultural en se mesmo e a súa relación coa cidadanía a través de todos os seus anos de servizo.
Ver Máis
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
O SON DO CAMIÑO
O Son do Camiño é un enorme festival de música de tres días que se celebra cada verán en Santiago de Compostela no Monte do Gozo, lugar emblemático de grandes concertos. O festival acolle un cartel de grandes estrelas internacionais da música rock, indie, pop, EDM, hip- hop, reggaeton e máis, así que non sorprende que as primeiras dúas edicións esgotasen todas as entradas aos poucos minutos de poñerse á venda. CUNDE traballa desde a súa primeira edición, ofrecendo servizos na sección de infraestruturas.
Ver Máis
+
0
Escenarios
+
0
Clientes
+
0
Festivais
+
0
Artistas
Artistas do equipo CUNDE
Entrevistas, xiras, concertos, proxectos de produción especial… ¡Contáctanos!
¡PODEMOS AXUDARTE!
Consúltanos as túas necesidades
Estaremos encantados de participar no teu proxecto, axudarche a desenvolvelo ou poñer á túa disposición calquera servizo que necesites para levalo a cabo.