Saltar al contenido

981 563 764   cunde@cunde.gal

Facebook-square
Envelope
Instagram
CUNDE.gal
  • Inicio
  • Coñécenos
  • O que facemos
  • Traballos
  • Artistas
  • Contáctanos

>_ OS NOSOS TRABALLOS

  • CINEUROPA
  • GALA XXI PREMIOS MANUEL BEIRAS
  • GALIZA ESCENA PRO
  • DAY OF ACTION-YO YO MA BACH PROJECT
  • NOROESTE ESTRELLA GALICIA
  • VOLVEMOS Á RÚA
  • IKFEM
  • PREMIOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX
  • ATLANTIC FEST
  • CAMIÑOS SONOROS
  • CAMIÑO ESCENA NORTE
  • FESTIVAL DE POESÍA «ALGUÉN QUE RESPIRA»
  • CARBALLO INTERPLAY
  • CURTOCIRCUITO
  • ABRIDE A FIESTRA
  • CULTURGAL
  • O SON DO CAMIÑO
  • WOS FESTIVAL
  • SON ESTRELLA GALICIA
  • S8 MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO
  • {"grid":3}
2 Cineuropa
3 Cineuropa
4 Cineuropa
5 Cineuropa
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
CINEUROPA
Cineuropa é máis que un festival e unha mostra de todo o cinema de calidade que podemos ver cada ano en todo o mundo. Na edición 33 foron máis de 200 filmes proxectados, 3 galas de premios, o paso de preto de 20.000 espectadores, o traballo de máis dunha ducia de profesionais chegamos a un total de 336 proxeccións de cinema.
Ver Máis
_DSC8897 copia
_DSC9012 copia
_DSC9190 copia
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
GALA XXI PREMIOS MANUEL BEIRAS
A través do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago encargóusenos a concepción, deseño e celebración da Gala de Entrega da XXI edición dos Premios Manuel Beiras Da man de Lucía Aldao e María Lado, cunha coidada posta en escena, celebramos a entrega no Teatro Principal o 21 de Decembro de 2020.
Ver Máis
GALICIA ESCENA PRO (1)
GALICIA ESCENA PRO (2)
GALICIA ESCENA PRO (3)
GALICIA ESCENA PRO (4)
GALICIA ESCENA PRO (5)
GALICIA ESCENA PRO (6)
{"dots":"false","arrows":"true","effect":"slide"}
GALIZA ESCENA PRO
A Feira de Artes Escénicas de Galicia “GALICIA ESCENA PRO” coordínase a través dun convenio de colaboración entre Escena Galega e Agadic desde 2019. É nese ano cando CUNDE empeza a traballar no deseño de produción e coordinación da man da asociación de compañías de artes escénicas da comunidade.
Ver Máis
RKQG0661
ROJY9270
IMG_6628
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
DAY OF ACTION-YO YO MA BACH PROJECT
Unha das iniciativas de maior interese que o mellor cellista do mundo, Yo-Yo Ma, desenvolve por todo o planeta; o Day of Action recalou en Barcelona con Cristina Pato como coordinadora de contidos. Con ela tomamos as rendas dunha desas producións “express” en tempo de preparación no Conservatori do Liceu. Unha fin de semana chea de emocións e de conexións musicais e sociais con músicos locais, bandas de Jazz e entidades benéficas de ensino musical no ámbito sociocomunitario.
Ver Máis
NOROESTE ESTRELLA GALICIA (1)
NOROESTE ESTRELLA GALICIA (3)
NOROESTE ESTRELLA GALICIA (4)
NOROESTE ESTRELLA GALICIA (8)
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
NOROESTE ESTRELLA GALICIA
A día de hoxe podemos dicir que se trata dun dos festivais de maior calado, extensión e diversidade, do panorama galego. Os números da última edición? 6 días, 13 escenarios diferentes, máis  de 75 bandas, 150 horas de música, todo un desafío. Desde o 2017, ano no que coordinamos integramente a produción artística e técnica do festival poñendo ao dispor do mesmo un equipo de 12 produtores especializados, seguimos en contacto novamente con diversas colaboracións na produción artística de diversas bandas participantes en 2018 e, de novo en 2019 volvemos á coordinación xunto ao equipo técnico de CEGA PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS.
Ver Máis
WhatsApp Image 2020-08-21 at 12.49.29
WhatsApp Image 2020-09-03 at 22.08.42
108150921_1660606117428148_9165345443838444238_n
WhatsApp Image 2020-07-17 at 21.18.17
WhatsApp Image 2020-08-21 at 12.48.57
WhatsApp Image 2020-08-21 at 12.49.29 (1)
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
VOLVEMOS Á RÚA
O Concello de Tui dentro da súa programación cultural este verán apostou por un programa cultural en distintas localizacións. Volvemos á rúa! foi un programa deseñado con distintos eventos durante varias semanas do verán, onde destacaron os concertos de música, espectáculos de circo, así como o cinema ao aire libre. Coordinamos a montaxe nas distintas localizacións, xestión de reserva de entradas para seguir todas as indicacións do protocolo COVID-19 deseñado para espectáculos.
1 IKFEM
2 IKFEM
IKFEM 2020 (1)
IKFEM 2020 (2)
IKFEM 2020 (3)
IKFEM 2020 (4)
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
IKFEM
Traballamos para a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico deseñando e executando a produción do Festival Internacional de Teclado e Master Class que se celebra na Eurorrexión Tui-Valença tanto na súa edición do 2019 como na recente do 2020. Un equipo de persoal atendeu a xestión de permisos, recursos humanos, técnicos, e a coordinación global do programa do Festival. No 2020 coordinamos a adaptación e posta en marcha dos protocolos COVID necesarios para garantir formatos e xestión de recursos que garantisen a seguridade e adecuación normativa de todos os eventos.
Ver Máis
Foto 2
Foto 3
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
PREMIOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX
O sector musical de Galicia, dá man dá Asociación Músicos ao Vivo celebra lestes galardóns dende ou ano 2014. Ou proceso de resolución dous premios clausúrase cunha gala que ven celebrando dende entón non Pazo dá Cultura do Concello de Pontevedra e na que traballamos na coordinación dá produción técnica desde a súa primeira edición.
Ver Máis
_MG_3406
atlanticfest2019 copia
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
ATLANTIC FEST
Atlantic Fest é a realidade dun proxecto que, para ofrecer os mellores servizos sitúase en enclaves incomparables; o últimos cinco anos percorreu diversos espazos da Illa de Arousa e é neste 2020 onde traslada a súa sede á Playa de la Concha en Vilagarcía de Arousa para seguir gozando da natureza e da gastronomía da zona, unha contorna máxica, idóneo para acoller un festival de música destas características, que vai dirixido a un público que busca pasar unha fin de semana inesquecible poñendo a rutina en pausa. Un festival onde os artistas son  inspirados pola súa audiencia e senten libres para plasmar ese sentimento en directo. Atlantic Fest está creado por un equipo que se alimenta das ideas e desexos das persoas que o visitan. New Live encárgase da organización do Atlantic Fest. Unha promotora con máis de 15 anos de experiencia na organización de eventos e coa cal é un luxo e un privilexio traballar tanto neste como noutros eventos ao longo do ano.
Ver Máis
Sel CAMIÑOS (1)
Sel CAMIÑOS (2)
Sel CAMIÑOS (3)
Sel CAMIÑOS (4)
CAMINOS SONOROS (4)
CAMINOS SONOROS (5)
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
CAMIÑOS SONOROS
CAMIÑOS SONOROS foi un proxecto no que música e patrimonio da man de mozos músicos dos conservatorios de Galicia percorrían enclaves únicos da Vía da Prata. Un extenso programa que tivo lugar desde Maio a Julio de 2019 e que se completou cunha xornada formativa e un concerto de man de Abe Rábade, Susana Seivane e Víctor Prieto como embaixadores do evento.
Camiño Escena Norte (2)
Camiño Escena Norte (5)
Camiño Escena Norte (6)
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
CAMIÑO ESCENA NORTE
Crear unha rede de programación e  intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, País Vasco e Cantabria; ese foi o xerme deste proxecto nado no 2019 da man de Escena Galega e as asociacións análogas nas outras comunidades participantes. Un circuíto de actuacións en espazos convencionais pero tamén en espazos ao aire libre e enclaves monumentais que permite descubrir o traballo de compañías veciñas e á vez espazos habilitados de maneira específica para a representación teatral. Todo iso co fío condutor do Camiño Norte como guía. Unha produción interesante e enriquecedora que é un pracer coordinar.
Ver Máis
II Festival de Poesia para Corpo Principal. Alguen que Respira
22/03/19
II Festival de Poesia para Corpo Principal. Alguen que Respira
23/03/19
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
FESTIVAL DE POESÍA «ALGUÉN QUE RESPIRA»
A poesía como arte de acción, movilizadora, transformadora, poderosa, en diálogo coas artes e co coñecemento, cos teatros, cos bares e coa rúa, coa música, coa performance, co papel impreso e coa oralidade. Atendendo á declaración da UNESCO “a poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación”. O festival Alguén que Respira, baixo a dirección de Antón Lopo celébrase ao redor do 21 de marzo, declarado Día Mundial da Poesía pola UNESCO no 1999. Un evento que conta co apoio e patrocinio principal do Concello de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Un respiro que cada ano achéganos a unha produción cargada de alma e de aire fresco no corazón de Compostela.
Ver Máis
3 FESTIVAL CONTIDOS DIXITAIS CARBALLO INTERPLAY
1 FESTIVAL CONTIDOS DIXITAIS CARBALLO INTERPLAY
2 FESTIVAL CONTIDOS DIXITAIS CARBALLO INTERPLAY
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
CARBALLO INTERPLAY
Festival de Contidos Dixitais que foi o primeiro festival de webseries de España. Os seus contidos van máis aló da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades da internet como medio para a narración, o humor máis trasgresor, a non ficción, cultura dixital, o patrimonio audiovisual ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base.
Ver Máis
2 FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE CURTOCIRCUITO
3 FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE CURTOCIRCUITO
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
CURTOCIRCUITO
Curtocircuíto Festival Internacional de Cinema, naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do Concello da cidade, coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe. Doce anos despois, Curtocircuíto é un referente no sector cinematográfico internacional e en contacto directo con outros festivais de Europa. O programa do festival tamén inclúe talleres e concertos. As proxeccións teñen lugar no Teatro Principal e no Cinema Numax, as actividades no CGAC e os concertos na Sala Capitol e Fundación Sgae.
Ver Máis
Abride a Fiestra
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
ABRIDE A FIESTRA
"Abride a fiestra que quero ver ou mar" foron, segundo a versión da súa filla Gala, as últimas palabras de Rosalía de Castro antes de morrer en 1885. Desde o 2018, a primeira parte da frase é tamén o nome do  festival que, na Casa da Matanza en Padrón, celebra a cultura galega. Abride a Fiestra está organizado pola Fundación Rosalía de Castro con apoio da Deputación dá Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Padrón, conta á súa vez co patrocinio de varias empresas privadas. Cada ano traballamos con a  Fundación na produción desta xornada de encontro, mercado, cultura e convivencia na segunda fin de semana de XulLo.
Ver Máis
4 Culturgal
2 Culturgal
3 Culturgal
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
CULTURGAL
Culturgal é a festa anual da cultura feita en Galicia co obxectivo de crear un espazo de normalidade para a actividade cultural e todos os seus axentes; un proxecto colectivo e compartido no que están implicadas todas as administracións, desde o Concello de Pontevedra, anfitrión da Feira, ata o Ministerio de Cultura sen esquecer o importantísimo apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Culturgal supón un espazo no que podamos atoparnos como sector, como empresas e profesionais do mesmo. Para o público é unha oportunidade de ter contacto directo coa creación cultural e gozar dunha oferta amplísima cunha entrada a prezo popular. CUNDE pon ao dispor de Culturgal desde fai oito edicións un amplo equipo de profesionais, desde os labores principais de coordinación, algunhas rexidurías, produción técnica ou apoio á administración.
Ver Máis
OSDC 2
OSDC 5
OSDC 2019-1
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"fade"}
O SON DO CAMIÑO
O Son do Camiño é un enorme festival de música de tres días que se celebra cada verán en Santiago de Compostela no Monte do Gozo, lugar emblemático de grandes concertos. O festival acolle un cartel de grandes estrelas internacionais da música rock, indie, pop, EDM, hip- hop, reggaeton e máis, así que non sorprende que as primeiras dúas edicións esgotasen todas as entradas aos poucos minutos de poñerse á venda.  CUNDE traballa desde a súa primeira  edición, ofrecendo servizos na sección de infraestruturas.
Ver Máis
WOS 5
1 WOS FESTIVAL
2 WOS FESTIVAL
3 WOS FESTIVAL
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
WOS FESTIVAL
Encontro anual que apoia a cultura alternativa e de vangarda, non é só música senón que tamén hai espazo para as artes visuais, cinema, artes escénicas, creatividade dixital, performances, coloquios e conferencias que se darán cita en 10 espazos emblemáticos de Santiago de Compostela: CGAC, Fundación Eugenio Granell, Fundación SGAE, Igrexa dá Universidade, Mercado de Abastos, Numax, Sala Capitol, Sala Malatesta, Salón Teatro, Teatro Principal.
Ver Máis
IMG_4148
IMG_3438
Resurrection 2018-2
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
SON ESTRELLA GALICIA
O proxecto SON ESTRELLA GALICIA leva 9 anos en marcha coa clara intención de trasladar os valores e filosofía da marca ao territorio da música creando experiencias inesquecibles, que mesturen boa música e boa cervexa. Programou máis de 1.000 concertos aos que asistiron máis de 350.000 persoas. Os seus concertos pasaron por máis de 70 festivais e 30 salas en 20 cidades Desde CUNDE encargámonos da coordinación e a montaxe da imaxe e infraestruturas en festivais e eventos de referencia de medio e gran formato nos que ESTRELLA GALICIA está presente (Resurrection Fest, Pantin Classic) entre outros moitos.
Ver Máis
4 MOSTRA DE CINEMA PERIFERICO S8
1 MOSTRA DE CINEMA PERIFERICO S8
2 MOSTRA DE CINEMA PERIFERICO S8
{"dots":"true","arrows":"true","effect":"slide"}
S8 MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO
(S8) Mostra de Cinema Periférico é un evento cinematográfico internacional único na península que reúne as novas tendencias cinematográficas que hoxe en día son vangarda, con especial atención ao cinema expandido en todas as súas vertentes. Punto de encontro para creadores, público, profesionais e estudantes das artes audiovisuais. O evento desenvólvese en distintos espazos da cidade: Fundación Abanca, Domus, Fundación Luís Seoane e CGAI.
Ver Máis
Contáctanos

Colaboramos en, con e para:

© Cunde Sociedade Cooperativa Galega – Aviso Legal – Política de cookies– Implementado por GNOMIO Soluciones Web