- Este evento xa pasou.
SES | TEIXEIRO, A Coruña
9 Setembro, 2018 @ 8:30 p.m. - 10:30 p.m.
“Readmirando a condición” é o quinto traballo de SES no que a cantora coruñesa volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011. Este novo CD inclúe ademais un tema inédito -e homónimo- que xa podedes escoitar nas redes.
“Readmirando a condición” está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como Tempestades de sal ou Non son fada. Desta volta, a cantora dálle un son máis SES ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.
Este novo disco só se venderá nos concertos da banda e nesta web, ademais de en eventos puntuais que iremos anunciando nas nosas redes sociais.