981 563 764   cunde@cunde.gal

Facebook-square
Envelope
Instagram
  • Galego
  • Castellano
CUNDE.gal
  • Inicio
  • Coñécenos
  • O que facemos
  • Traballos
  • Artistas
  • Contáctanos

>_ O QUE FACEMOS

Xestión, produción e servizos culturais

Sexa cal sexa o proxecto, temos unha solución

CUNDE ten como labor principal o diseño, xestión, coordinación e produción de eventos culturais, achegando sempre as mellores solucións para o proxecto que o cliente teña en mente. Así mesmo, poñemos a disposición a mellor selección de persoal e os servizos auxiliares necesarios –todo tipo de medios e recursos- para levar adiante calquera evento.

Debido á peculiaridade da situación derivada da COVID19 somos coñecedores e prestamos especial atención tanto aos protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias así como ás normativas e decretos vixentes. 

Outra das nosas liñas de negocio é o desenvolvemento de proxectos e artistas propios. Así, ata o verán de 2019 encargámonos do management de Ses e na actualidade realizamos este mesmo traballo con Dios Ke Te Crew. Tamén nos ocupamos da xestión e produción dos proxectos internacionais e eventos especiais baixo a dirección artística de Cristina Pato.

Contáctanos

Proxectos de gran envergadura

Coordinación e xestión conxunta da produción

Proxectos de xestión colaborativa nos que CUNDE pon ao dispor da organización: persoal, medios e recursos para a celebración do evento. Exemplos deste tipo son o Festival Noroeste Estrella Galicia, os Premios da Música Martín Códax, ou a coordinación xeral de Womex, Culturgal, Conecta Fiction, Festival Son do Camiño, Cineuropa ou a producción de marca para Estrella Galicia. Podes ver máis información destes e outros traballos nosos AQUÍ.

Colaboramos en, con e para:

© Cunde Sociedade Cooperativa Galega – Aviso Legal – Política de cookies– Implementado por GNOMIO Soluciones Web